A Asociación da Prensa de Santiago de Compostela (APSC), con máis de 6 décadas de historia, segundo os seus estatutos "é unha entidade profesional que agrupa ós xornalistas que desenvolven o seu labor profesional no ámbito de Santiago de Compostela e a súa comarca".

So What is This About?

Os fins da APSC segundo os seus Estatutos son os seguintes:

  1. Defender os dereitos e protexer os intereses da profesión xornalística, velando polo digno cumprimento dos deberes da mesma.
  2. Promover a elevación sociolaboral e técnica dos profesionais do xornalismo.
  3. Fomentar o espírito de soliedariedade entre tódolos xornalistas, por riba das súas diversas opinións persoais.
  4. Representar, dentro do seu ámbito, a profesión xornalística en tódalas ordes legais, sociais, administrativas, xurídicas, etc.
  5. Organizar e regulamentar servizos que considere convintes para a asistencia dos asociados nas ordes cultural, xurídica, sanitaria, económica e recreativa, e calquera outra que poida derivarse do carácter da entidade.
  6. Vixiar e promover activamente o dereito á liberdade de expresión como premisa indispensable para o exercicio da profesión xornalísca.