A Asociación da Prensa de Santiago de Compostela (APSC), con máis de 6 décadas de historia, segundo os seus estatutos "é unha entidade profesional que agrupa ós xornalistas que desenvolven o seu labor profesional no ámbito de Santiago de Compostela e a súa comarca".
Os socios da APSC teñen dereito gratuíto á expedición do cartnet APSC-FAPE (para o que é preciso cubrir o correspondente formulario) que os acredita como xornalistas, facilitando o desenvolvemento do seu labor diante das entidades oficiais ou privadas ofrecendo unha serie de beneficios que se poden consultar no listado seguinte:
GUIA DE SERVIZOS DA FAPE (actualizada a abril 2007)
Os socios da APSC tamén poden solicitar a expedición do carnet internacional de xornalista, por estar a FAPE adscrita á Intenational Federation of Journalists (con sede en Bruxelas). Para obter a International Press Card é preciso remitir cuberto o correspondente formulario.